Datos del libro

Versos para Musas (e catro contos de Edgar Allan Poe) Zaera, Maruxa / Mircala, Fernando

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: A PARTIR 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418667107
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 80
  • Tamaño: 210x280 mm.
15,00 €

Unha das escasas traducións ao galego de catro dous contos máis clásicos dun clásico da literatura universal e, por primeira vez, un completo e coidado escolma da súa poesía romántica.

  • Dous artistas unidos a través do espazo e do tempo neste libro.
  • Fernando Mircala seleccionase e ilustrase unha ducia de versos e algunhas historias de Edgar Allan Poe.

Sinopsis

Dous artistas unidos a través do espazo e do tempo neste libro; co amor, a ausencia e a morte como nexo e razón para que Fernando Mircala seleccione e ilustre unha vintena de versos e algúns contos de Edgar Allan Poe.
Annabel Lee, Helen, Marie Louise Shew… son versos sobre mulleres ausentes, sobre musas, que mostran non só a profunda dor do seu autor pola perda, senón a súa visión romántica da muller e o amor.
Se Poe non existise habería que inventalo para que Mircala nos puidese ofrecer este libro.

Autor

Fernando Mircala

Fernando Mircala. Artista madrileño, procedente do deseño industrial e de interiores, a principios dos 90 dá un xiro á súa traxectoria profesional desenvolvendo unha fecunda e orixinal obra, un mundo romántico, goticista con historias orixinais e coloristas dun lirismo dramático que entronca cos seus admirados Poe, Tim Burton ou as películas clásicas da Hammer. Premio Lazarillo no ano 2000, Mircala é un artista total, é escritor e tradutor, ilustrador, fotógrafo, e a súa peculiar técnica de traballo consiste na confección volumétrica de cadros-diorama realizados con cartolina e papeis de Belas Artes, estampados, artesanais e texturizados que lle permiten dar vida e volume ao inanimado. Todo iso permitiulle ter unha ampla traxectoria de exposicións e publicacións. En Bululú publicou en 2013 “Pánico no Bosque dos Corazóns Murchos” e en 2019 “Versos para musas y cuatro cuentos de Edgar Allan Poe” que agora ve a luz en galego con tradución dende o orixinal.