Datos del libro

A estraña visita Iglesias, Gracia / Cruz, Vicente

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: DE 3 A 5 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418667022
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 225x225 mm.
15,50 €

Inspirada nun conto tradicional escocés

    Atentos a esta visita terrorífica e para rir sen parar ao mesmo tempo, grazas á fusión do texto e as simpáticas imaxes que fascinará por igual aos que aínda non len, aos que están a empezar e aos que buscan ler en boa compaña historias de humor arrepiante.

Sinopsis

Unha historia terroríficamente divertida, chea de sorpresas nunha noite escura de raios e tormenta na que…
“Unha velliña que soa estaba
sempre desexaba ter compaña
e todas as noites, moi triste e rechumida,
sentaba a fiar, agardando visita.
Ela fiaba e fiaba
e agardaba e agardaba,
pero a visita non chegaba.”
Así comeza este divertido conto rimado, no medio do bosque e cun monstro ás portas. Unha historia acumulativa de misterio, moito suspense e terror!… Estrañas amizades, cun sorprendente final.

Autor

Vicente Cruz

(Alacante, 1974) Actualmente, combina o seu traballo no Gabinete de Imaxe e Comunicación Gráfica da Universidade de Alacante co de editor independente. Sempre estivo vinculado ao mundo da imaxe e do debuxo, ilustrando para editoriais e prensa, decorando paredes con murais, realizando curtametraxes ou deseñando xoguetes para Famosa. Ten varios álbums ilustrados publicados.

Gracia Iglesias

(Madrid, 1977) é unha poeta, escritora de literatura infantil e artista de performance. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid onde se graduou no ano 2000 con Premio Extraordinario. É unha prolífica autora de álbums ilustrados.