Datos del libro

(GAL) Womanhaus Dakota HernÁndez

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: HISTORIA DEL ARTE
  • Colección: ESTUDIOS ILUSTRADOS
  • EAN: 9788418667787
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 152
  • Tamaño: 170x240 mm.
19,00 €

Esta é a historia dunha escola que se propuxera ser o xerme dun novo mundo, dun xeito diferente de entender e aplicar a arte as nosas vidas. Pero, sobre todo, é a crónica das mulleres da Bauhaus, fundamentais para alentar o ímpeto revolucionario co que naceu e a intensidade duns ideais que eran rompedores para a época.

Sinopsis

Unha escola que, nos seus menos de vinte anos de existencia, conseguiu marcar un antes e un despois en todas as disciplinas da arte: arquitectura, pintura, escultura, deseño de mobles, xoias, roupa... influíndo a xeracións de profesionais de todo o mundo e dos máis diversos campos relacionados coa creatividade. No entanto, tivo que facer fronte á crúa realidade e á oposición dunha sociedade que, malia que moi aberta na teoría, opúxose ao ver aquelas ideas levadas á práctica.

Se alguén sufriu en maior medida o menosprezo dos seus conxéneres e os prexuízos do fracaso, foron as mulleres artistas que encheron coa súa vitalidade e talento a escola.

Como en todas as historias, hai partes que chegaron aos nosos días e outras que se ocultaron. Neste libro tentamos dar conta de todas elas e destacar aquelas protagonistas que quedaran relegadas a un anonimato forzoso. Womanhaus é a nosa homenaxe a elas.

Autor

Dakota Hernández

Dakota Hernández É o pseudónimo de Miriam García, ilustradora e deseñadora gráfica valenciana. As súas ilustracións céntranse na natureza e na figura feminina. Womanhaus é o seu primeiro traballo editorial e, como non podía ser doutro xeito, as mulleres son as absolutas protagonistas desta crónica ilustrada dun dos maiores proxectos artísticos da historia moderna.