Datos del libro

(Gal) A pantasma da illa de Cortegada Carballeira, Paula; Millán, Blanca

  • Editorial: TRIQUETA EDITORIAL
  • Materia: DE 3 A 5 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418687235
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 40
  • Tamaño: 220x290 mm.
15,95 €

Atréveste a adentrarte nesta illa chea de historias e de misterios?

  • Un neno cunha historia de misterio entre as súas mans, é un neno con moitas preguntas para saciar a súa curiosidade.
  • Paula Carballeira desenvolve esta historia moi próxima á narración oral sobre lendas e mitos populares.

Sinopsis

Nesta famosa illa hai unha Árbore Comepedras.
Hai un bosque de loureiros.
Hai unha ermida cun cruceiro.
Hai casas abandonadas.
Hai auga doce e salgada.
Hai xabarís e londras que volveron.
Hai recordos de barcos que naufragaron hai
séculos... e hai unha pantasma que viron bailar.

Se hai algo que atrae de maneira especial sobre todo aos máis novos, son as historias de misterio. É a escusa perfecta para pasar ese tempo de calidade cos teus pequenos nos que a complicidade e a diversión únense ao desenvolvemento integral do neno.
Esta é a historia de MARUXA A BRAVA, unha muller que un día aposta unha empanada coas súas amigas mariscadoras a cambio de pasar unha noite nunha misteriosa illa onde se di, se cónta, rumoréase que viron bailar a unha pantasma. O seu obxectivo é claro demostrar que non existe e que son lendas inventadas. Conseguirá Maruxa pasar esa noite na illa? Demostrará que esa famosa pantasma non existe? Perderá esa empanada coas súas amigas e compañeiras por tratar de demostrar que esas lendas non existen?

Autor

Branca Millán

Branca Millán naceu en Touro (A Coruña) en 1991. Graduada en Belas Artes e cun Máster en Libro Ilustrado pola Universidade de Vigo, pinta desde que ten memoria e ilustra historias sobre todo desde que é mamá. Tocou todos os campos da ilustración e o mundo do libro, dende o deseño editorial, a ilustración de produto, ou a cartelería… pero a súa gran paixón son os libros ilustrados. Publicou diversos libros e álbums para o público infantil. Con TRIQUETA ten publicado ata a fecha LOLA E As 21 VACAS, 21 VACAS E UN GATO, BENJAMÍN E As DISPARATADAS HISTORIAS DOS

Paula Carballeira

Licenciada en Filoloxía Hispánica e desde 1994 traballa como narradora oral. Participou en programas culturais en España, Portugal, Brasil, Colombia, México e Chile entre outros países. No seu papel de actriz, está vinculada ao grupo de teatro BERROBAMBÁN. Tamén traballa en series de ficción para a televisión. Como escritora, publicou varios libros de poesía, narrativa e literatura infantil entre os que se atopan Lánzache, Pepa!, Volcán e Benjamín editados por Triqueta Editora.