Datos del libro

(GAL) A estrambótica volta ao mundo en oitenta días Pinto&chinto

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: ALBUMES ILUSTRADOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: CARAMBOLA
  • EAN: 9788418667275
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 240x340 mm.
19,90 €

Hai libros tan grandes, tan verdadeiramente grandes, que leva oitenta días rodealos.

    Novo título da estrambótica colección Carambola, caracterizada por álbums ilustrados de gran formato, mellor presentación e contidos que sempre nos fan revisitar os clásicos cun sorriso, como non pode ser doutro xeito cando Pinto&Chinto os afrontan.

Sinopsis

Pinto & Chinto convídannos a acompañar ao cabaleiro inglés Phileas Fogg e a Paspartú, o seu criado, nunha viaxe contra o reloxo. Teremos que sobrevivir a travesías marítimas ateigadas de tornados, a montañas que devoran trens e, mesmo, a rituais fanáticos no medio da selva. Iso si, podemos asegurarvos que os nosos amigos superarán todos estes perigos con boas doses de imaxinación e improvisación; as mesmas doses de diversión e gargalladas que vos proporcionará este libro.
Agarrádevos ben ás súas páxinas e preparádevos para unha viaxe ao redor do mundo.

Autor

Pinto & Chinto

David Pintor e Carlos López, parella xa clásica do humor gráfico na prensa, levan máis de 20 anos compaxinando esta faceta coa publicación de contos, cómics e álbums ilustrados para todas as idades nas principais editoriais nacionais e estranxeiras.