Datos del libro

Non fai falta a voz Armando Quintero/Marco Som

  • Editorial: OQO EDITORA
  • Materia: DE 6 A 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: COLECCION O
  • EAN: 9788498714692
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
14,90 €

Sinopsis

“Non fales a non ser que poidas mellorar o silencio”, advertiu Jorge Luís Borges ante un excesivo valor das palabras. Canto máis nos poden transmitir un xesto, un aloumiño, unha mirada cómplice? Tal e como nos lembra Armando Quintero neste álbum; non fai falta a voz para mostrar cariño ou dicir cousas bonitas como quérote…O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o texto de Armando Quintero Laplume como as imaxes de Marco Somá. O ilustrador italiano humaniza aos animais protagonistas (cans, gatos, galiñas, paxaros, vacas, ovellas, cabalos, lobos, tigres e elefantes) e preséntaos en situacións familiares distendidas e de xogo, onde se pode sentir identificado calquera pequeno: divertíndose no parque cos seus pais, tomando un xeado, gozando do auga nun río ou lago. Os xeitos de comunicarse entre eles (ladrar, miañar, cacarexar…) son claves para gozar destes momentos. Nas súas expresións podemos apreciar que se trata de momentos felices para toda a familia. Marco Somá tamén mantén esta actitude vital de alegría coa aparición das xirafas. Nai e filla non teñen voz, pero contan con outro método efectivo e afectivo para comunicarse: os aloumiños. E a pequena xirafa decide compartir cos outros animais este modo de transmitir sentimentos e emocións.