Datos del libro

(GAL) Maruxa Eva Mejuto/Mafalda Milhoes

  • Editorial: OQO EDITORA
  • Materia: DE 6 A 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: COLECCION O
  • EAN: 9788498714906
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 28
  • Tamaño: 250x230 mm.
14,90 €

Sinopsis

Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestras sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock… Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan. Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratos típicos de Polonia (unha especie de raviolis recheos de carne, verduras…) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal e carne… Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi por pan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar a historia. As diferenzas coa canción non só se limitan ao alimento principal, senón tamén ao final da historia. Así, a reacción violenta que manifesta Pepiño nalgunha versión polaca cando a súa muller decide non prepararlle finalmente a comida é substituída no álbum por unha actitude comprensiva e de empatía cara á muller, mantendo así o ton humorístico que caracteriza todo o relato. Da versión inicial, a autora decidiu manter e realzar: a idea orixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada e rimada, tan propia de contos e cantos da tradición oral. Este texto permite tamén ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a música de orixe.