Datos del libro

Tonino Salas, Miguel / Domeniconi, Paolo

  • Editorial: OQO EDITORA
  • Materia: DE 3 A 5 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: COLECCION O
  • EAN: 9788498712520
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 40
  • Tamaño: 250x230 mm.
14,90 €

Para o escritor, Miguel Salas Díaz, Tonino é un conto sobre o “difícil equilibrio entre o desexo de vivir emocionantes aventuras e a necesidade da calor familiar”

    Como adoita suceder cos relatos de viaxes, esta tamén é unha metáfora da vida, que nos demostra que valoramos o que temos en canto o perdemos. É o que axiña descobre o noso entrañable e divertido personaxe.

Sinopsis

Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe de casa e consegue chegar… ata Tunisia!
Unha vez alí, para atravesar o deserto, non dubida en comprarse un camelo, pero este, do mesmo xeito que a historia e o seu protagonista, tamén ten a súa singularidade: coxea e tropeza ao andar.
Aínda que o desexo de Tonino é rechamante, non o é anhelar aquilo que dista do que temos ou somos, tamén é moi habitual que os pequenos se sintan atraídos pola aventura ou o descoñecido. Esta é unha característica da infancia e unha forma habitual de aprendizaxe.
Por iso, non estamos ante unha decisión tan estrambótica. Tonino podería ser un neno ou adulto calquera que, coma todos, nalgún momento da vida, ansía saír da rutina e fuxir do que é ou cre que non é. O pingüín emprende ilusionado e cheo de expectativas esta aventura. Inicia, así, unha viaxe espazo temporal e, principalmente, de madurez e aprendizaxe.