Datos del libro

(GAL) Os Winkle. Máis finos ca un allo R.Iván

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: DE 6 A 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788482895680
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 220x290 mm.
16,95 €

QUERES COÑECER A UNHA FAMILIA NADA COMÚN? APRENDER TAMÉN SAUDABLES COSTUMES CON ELES?

  • Unha familia mais lista ca un allo.
  • Los Winkle son unha familia extravagante que, cansados de lle pediren landras ao castiñeiro intentando encaixar nesta aburrida sociedade, decidiron arrepoñérselle ao mundo coa súa horta.
  • Unha divertida historia chea de risas e saudables costumes.

Sinopsis

Unhas ilustracións espectaculares introdúcenos nunha historia protagonizada por unha familia NADA CONVENCIONAL. Xa desde o propio título intúese que a través da narración en primeira persoa dun dos membros da familia que o libro vén cargado de humor de principio a fin.

"Este son eu, Peter Winkle, fillo, neto e bisneto de moitos Winkle diferentes: Winkle perruqueiros, Winkle panadeiros, Winkle carteiros e até Winkle trapecistas."

Unha especie de Familia Monster pero co mundo vexetal e a súa horta como pano de fondo como nexo común entre todos eles. Podería parecer un libro vegano ou vexetariano... Ou quizais non?

A través de cada un dos membros da familia imos descubrindo os seus gustos e sobre todo costumes moi saudables: consellos e trucos... ao libro non lle falta detalle.

Ata contén receitas! Unha maneira un tanto distinta de gozar a lectura dobremente saudable.

Autor

Iván R

Logo de traballar como ilustrador para editoriais, cine, prensa, televisión e publicidade durante quince anos, descubriu no soporte téxtil unha nova linguaxe que o levou a dar clases de ilustración e deseño nunha escola de moda, tarefa que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os seus títulos publicados están Etiqueta para todos (Xerais, 2009), Estamos no verán (2014), Teatro de guiñol (2016), Cociñando con Bolboretas no bandullo (Xerais, 2018), A araña que lles tiña medo ás arañas (Xerais, 2019), Meigas fóra! (Xerais, 2020), Soños de Cajamarca (2021) Darío a diario (Xerais, 2021), Miñoca e coello (Xerais, 2021), Miñoca e Pega (Xerais, 2022), e o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nen@s durante os días de confinamento provocados pola COVID-19.