Datos del libro

(GAL) Cleo e Duflós Serrano, Pilar; Hernández, Ignacio

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: A PARTIR 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: MEIGAS
  • EAN: 9788482896007
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 84
  • Tamaño: 250x210 mm.
14,96 €

“Todos e todas temos un propósito na vida e moita maxia no noso interior, como Cleo. Só hai que estar atentos e atentas cos ollos moi abertos e dispostas á acción”

    A primeira colección sobre bruxas.

Sinopsis

As bruxas, desde sempre, apareceron na tradición oral e as lendas da cultura popular. Son unhas personaxes presentes en mitoloxías e textos antigos. Espertaban receo e medo en calquera parte, e durante séculos perseguíanse.

Cleo é unha nena como todas, quere ir ao cole, xogar e pasar desapercibida. Pero a súa nai dille que ela é unha bruxa, unha bruxa moi especial. Deseguido terá que descobrir cales son os seus dons nunha escola de maxia un tanto particular. Polo camiño atoparase con amigas, conflitos e misterios que con enxeño, intelixencia, empatía e bastante humor terá que resolver. Ás veces dubidará, porque dubidar é bo, pero no seu afán pola verdade e a xustiza levaran a Cleo, a nosa nova bruxa novata, a acadar a solución ao redor dun conflicto entre Duflós e Conxuro, as dúas mascotas máis relevantes na sua escola, con un pasado un tanto conflictivo.

Autor

Pilar Serrano

Diplomada en Educación Primaria e especialista en Educación Infantil. Traballa como mestra no ensino público. É autora de libros para nenos e novos; desde 2014 publicou máis de 15 títulos. Tamén imparte cursos sobre literatura infantil e xuvenil, animación á lectura e dinamización de bibliotecas escolares.

Ignacio Hernández

Ilustrador pola escola Antonio Failde de Ourense. Durante a súa carreira realizou diferentes proxectos como novelas ilustradas, álbumes infantís, publicidade, xogos de mesa e libros de texto