Datos del libro

(Gal) Quen é quen? Galindo, Vera

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: DE 3 A 5 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418667220
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 170x240 mm.
15,00 €

Todos os mércores, ás 12:00 h é o mellor momento da semana. Viaxamos polas culturas do mundo, poñéndonos as súas máscaras!

    Quen é quen? busca no noso interior e activa os resortes da nosa imaxinación. Por medio das máscaras, ofrécenos a posibilidade de vernos tal e como soñamos, só para chegar á conclusión de que non as necesitamos para ser quen queiramos ser.

Sinopsis

Unha viaxe a través da historia das máscaras, dende as antigas civilizacións até a época actual. Coñeceremos a Tutankamón, aprenderemos como as empregaban en Grecia e Roma, o papel que desempeñaban nos rituais e festas do Xapón ou os poderes que se lles atribuían aos chamáns que as levaban. Iso si, aínda que visitemos todos os pobos do mundo, neste libro vós sodes os verdadeiros protagonistas. Escolleredes que máscara poñer, decidiredes o que queredes ser e, o mellor de todo, aprenderedes que non as precisades para cumprir os vosos soños!

Autor

Vera Galindo

Dende que aprendeu a suxeitar un lapis, non parou de debuxar. Isto levouna a estudar bacharelato artístico e a adentrarse no mundo da ilustración. Formouse na Escola Superior de Deseño de Aragón e realizou erasmus na ESAD, en Porto, Portugal. Ademais, participou en varios workshops, entre eles, un con Harsa, ilustradora zaragozana, e outro sobre tipografía experimental con Kamal Gohil, e cursos como o X Curso Internacional de Ilustración e Deseño Gráfico organizado por Isidro Ferrer e Grassa Toro. O seu álbum "¿Cómo lo ves?" foi seleccionado por The New York Public Library en 2020 como un dos 10 mellores álbumes infantís do ano.