Datos del libro

(GAL) Son un pato Pintadera, Fran; Galí, Mercé

  • Editorial: TRIQUETA EDITORIAL
  • Materia: DE 3 A 5 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788418687266
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 24
  • Tamaño: 220x160 mm.
13,99 €

Un perfecto libro infantil sobre a autoestima e o amor propio

  • Detrás deste sinxelo texto de Fran Pintadera escóndese unha verdadeira reflexion que incide de boa maneira na autoestima daqueles prelectores aos que vai dirixido.
  • As bonitas as ilustracións de Mercè Galí a dobre páxina, cheas de detalle e cun colorido suave e alegre ao mesmo tempo fan que o libro poida explotarse moito máis alla do que propón o texto. Un perfecto libro infantil sobre a autoestima e o amor propio.

Sinopsis

Os patos divírtense de moitas maneiras, encántalles nadar en días calorosos, gozan cando voan en grupo e gústalles camiñar á tardiña entre outras cousas. Seguramente non o fan da mellor maneira posible SEGURO! A pesar da moitos pensan de que son un desastre, poñen todo da súa parte e o mais importante... encántalles SER PATOS!

Co humor e ironía que lle caracteriza como escritor, este divertido texto aborda a vida dun sinxelo pato como exemplo facendo fincapé en que posiblemente non é perfecto nin á hora de camiñar, nin de nadar e seguramente nin á hora de cantar, pero o máis importante é o empeño utilizado que ao final é o que verdadeiramente o fai único como especie.

Autor

Fran Pintadera

Fran Pintadera é narrador oral, dinamizador de teatro social e escritor de literatura infantil. Como escritor publicou con diferentes editoriais como Edelvives, SM, Kalandraka, Ekaré, Takatuka, Akiara Books, Libre Albedrío, Tres Tigres Tristes ou A Gorida. A súa obra traduciuse en países como China, Turquía, Canadá, EEUU, Alemaña ou Xapón.

Mercè Galí

Mercè Galí é unha ilustradora de Barcelona. Crece rodeada de contos na librería dos seus pais, no barrio de Gràcia. O almacén foi o seu agocho para devorar imaxes en silencio. Estuda ilustración en “a Llotja” de Barcelona e Belas Artes na Universidade de Barcelona, coa especialidade de gravado. Dedícase principalmente á ilustración infantil e publica en editoriais de diferentes países. Os seus libros foron galardoados na Feira de Bolonia dentro dos mellores Toddler Books. O seu proxecto ‘ Petit Indi’ foi finalista do concurso Silent Book.