Datos del libro

Verlioka Patacrúa / Magicomora

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 07/03/2024
  • EAN: 9788498717297
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

O terrible xigante Verlioka raptou as netas do labrego e quixo esmagarlle a muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha oca sen cola, un can mil razas e un burro rabón; e, todos xuntos, foron darlle o seu merecido ao xigante.

Sinopsis

A estrutura da historia correspóndese co esquema do conto marabilloso ruso, estudado por Vladimir Propp. Verlioka é un exercicio de estilo, rexido por normas e regras arquetípicas; en concreto, esta versión toma prestados aspectos da tradición oral para crear a trama narrativa.

Animais e humanos cooperan, enfróntanse ás adversidades, para, finalmente, obter a vitoria. Noutras versións, as axudas proceden de elementos que aparecen no camiño do avó (corda, muíño de auga, forno, landra…), obxectos máxicos ligados á cultura do pobo ruso. Esta versión presenta unha estrutura singular: a colaboración chega dos animais, que aparecen humanizados (falan, axudan, dan consellos) e convértense en compañeiros inseparables, proporcionando tranquilidade, apoio e ata un desabafo para os temores dos máis pequenos lectores.

Alén das forzas malévolas do xigante, existe un mundo hospitalario, o do home, quen, coa axuda dos seus astutos e enxeñosos amigos, triunfará de vez sobre o rabudo xigante. As ilustracións xogan co carácter hiperbólico dos personaxes e inciden na faceta humorística do conto. Cun universo de cores intensas, Sergio Mora idea un ambiente que evoca libros antigos e estampas de época, a través do craquelado da imaxe