Datos del libro

Soños de pirata Ribadomar, Salvador

  • Editorial: NORDÉS LIBROS
  • Materia: POESIA CONTEMPORANEA
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788412117127
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 126
  • Tamaño: 150x210 mm.
15,00 €

Soños de pirata é un poemario que chama á ilusión,

  • Segue a ter un alto contido social e de loita continua
  • Recoñecemento da muller galega na vida e desenvolvemento do país.

Sinopsis

SOÑOS DE PIRATA é o meu terceiro libro.
Ve a luz nuns momentos escuros, tristes, cheos de inquedanzas no conxunto da sociedade, onde o día de mañá non é para moitos e moitas, nin moito menos, un momento de ilusión, senón máis ben o contrario. Mais aínda así este poemario fai un chamamento á ilusión e á esperanza, a non
deixarse vencer. Segue a ter un alto contido social e de loita continua, así como o recoñecemento da muller galega na vida e desenvolvemento do país.

SOÑOS DE PIRATA é, pois, un poemario que chama á ilusión, a ver a Luz aínda nas peores situacións. Conta coas fotos da excelente fotógrafa coruñesa Ana Ruiz, como forma de plasmar de forma visual as alegrías, temores e medos da vida.

Autor

Salvador Ribadomar

Nacín en 1964 en Santomé do Mar, Cambados. Cuarto fillo de Antonio Ribadomar e Balbanera Padín. Emigrei de moi neno a Euskalherria cos meus pais. O meu primeiro día de mar foi o 26 de xuño de 1974. O meu pai enfermara e había que axudar á familia. Casei mozo con 18 anos, tiven dúas fillas: Ledicia, que morreu aos seis días de nacer, e Iria, que veu ao mundo un ano despois. A miña filla Iria e o meu amor eterno e a miña guía espiritual. Canto aprendo dela. Levo a Galicia no corazón e no cerebro, soño cunha Patria ceibe e digna.