Datos del libro

O camiño das mazás Estrella Ortiz

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 01/02/2020
  • EAN: 9788498716153
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 40
  • Tamaño: 230x250 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

Sinopsis

Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta. Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte. Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen... ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso. Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro. Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: ?as palabras son música? e ?un mundo mellor empeza cunha bonita historia?. Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital.