Datos del libro

Mr. Bongo - Á procura da banda Stoten, Jim

  • Editorial: TRIQUETA VERDE
  • Materia: INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS
  • Colección: SIN COLECCION
  • Fecha de publicación Interleo: 16/04/2026
  • EAN: 9791387501563
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 280x240 mm.
  • Idioma: GALEGO
17,95 €

UN CONCERTO QUE NON PODE AGARDAR.

    Un libro para mirar, explorar e comezar unha e outra vez..

Sinopsis

O grupo favorito de Mr. Bongo está a piques de dar un concerto… pero os seus músicos desapareceron. Coa axuda do lector, percorrerá o parque na procura de cada integrante da banda antes de que comece o espectáculo.

Cada dobre páxina é un gran escenario ilustrado onde o lector debe localizar un músico concreto entre centos de personaxes e situacións divertidísimas. Un flamengo cunha guitarra vermella, un tucán cunha trompeta amarela, unha iguana cunha batería rosa… a procura convértese nunha aventura musical chea de ritmo e cor.

Busca, atopa… e que comece a música!

Recoñecido pola súa forza gráfica e polo seu humor visual, Mr. Bongo é un álbum ilustrado que xa conquistou lectores máis alá das nosas fronteiras e foi destacado pola crítica especializada. Jim Stoten constrúe aquí un universo cheo de detalles, ritmo e escenas panorámicas que recompensan cada nova lectura. Un título de autor con identidade propia que combina espectáculo visual e xogo participativo nun formato ideal para compartir.