Datos del libro

A vida incerta Fajardo, Montse

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: BIOGRAFIAS Y MEMORIAS
  • Colección: TEMOS MEMORIA
  • EAN: 9788482895451
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 304
  • Tamaño: 155x220 mm.
22,95 €

Se algo ensina a biografía de Virxinia Pereira é que a vida é un camiño incerto

    Coñecida sobre todo por ser a dona de Castelao, Virxinia Pereira foi unha muller polifacética que loitou moito soa sobre todo cando o seu home comezou a andaina política, que os levaría ao exilio despois de que impactase o golpe de estado naquel verán fatídico de 1936.

Sinopsis

A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda -que así se chamaba- non era mais ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis.

Esa imaxe deixaba atrás outras facetas dunha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que Castelao, e aínda así puxo por riba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle trasmitise el, pero que ela asumiu coma propios e defendeu ata o final da súa vida.

Autor

Montse Fajardo

Montse Fajardo Pérez (Vilagarcía, 1973) é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas, pero a súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada ao xornalismo.
Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo e é colaboradora habitual de faladoiros radiofónicos. Tamén realiza colaboracións puntuais para Nós Diario, A Nova Peneira e Público.
Na actualidade forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres , promovido pola Concellaría de Patrimonio do Concello de Pontevedra.