Datos del libro

Espremer os miolos (Dila Cocodrila, 1) ANA GÓMEZ HERNÁNDEZ

13,95 €

Presentámosche a nosa nova súper colección de cómic: DILA CROCODILA é unha nova colección de libros en letra maiúscula para aprender a ler protagonizada por cinco peculiares animais que viven nun prado moi especial.

  • Con 4 viñetas en cada páxina e pouco texto, permite pasar de páxina con rapidez, o que dá sensación de avanzar na lectura, reforza a motivación e evita a frustración.
  • A letra maiúscula é máis fácil de recoñecer para os aprendices de lector.
  • O formato en viñetas axúdalles a entrar nunha historia cunha trama e un sentido do humor axustados ao seu nivel, e á vez permítelles ler sós con facilidade.

Sinopsis

Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS.

En ESPREMER OS MIOLOS (volumen 1), Drila e os seus amigos aprenderán que, para resolver calquera problema, o mellor é pararse a pensar (espremer os miolos) e atopar a mellor solución. E tamén que, pensando en equipo, sempre saen as cousas mellor!

En cada libro, atoparán situacións que se parecen moito ás que se poden atopar no patio dun colexio: amizade, rifas, xogos e trampas, xestión da frustración, descubrir os propios talentos...