Datos del libro

(GAL) Pétala Bruno Galán, Pep

  • Editorial: OQO
  • Materia: INFANTIL Y JUVENIL
  • Colección: COLECCION O
  • Fecha de publicación Interleo: 01/03/2022
  • EAN: 9788498716511
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
  • Idioma: GALEGO
15,90 €

Un día Pétala vai regar as plantas e descobre que non hai auga. Disposta a coñecer o motivo, voa ata as nubes e atopa un tremendo dragón que se apoderou da casa da chuvia…

  • Pep Bruno para desenvolver a idea orixinal do ilustrador, Luciano Lozano, constrúe un texto sinxelo, con poucas frases e acontecementos ben dosados.
  • A súa historia anima os máis pequenos a tomaren partido activo, sen se acovardaren ante os problemas. Só así avanzarán no camiño dos bos hábitos, da independencia e a seguridade.

Sinopsis

Pétala é un álbum moi visual que ao fío da acción e desde unha perspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escaseza de auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Coa lectura podemos transmitir os valores necesarios para fomentar a conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o planeta. Alén diso, en concreto, a literatura infantil reforza a asociación simbólica con determinados significados e facilita a asimilación da realidade externa. A lectura deste conto pode constituír unha boa estratexia para estimular a conciencia medioambiental na infancia, porque no lector se xera de maneira natural un novo concepto da importancia da auga, despois da experiencia co álbum. Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará a súa aventura, e revelaranos a todos un segredo: os dragóns, por feroces e monstruosos que parezan, tamén teñen medo.