Datos del libro

50 lugares máxicos de Galicia Fernández, Carlos Gabriel

  • Editorial: NORDÉS LIBROS
  • Materia: HISTORIA DE ESPAÑA
  • Colección: SIN COLECCION
  • EAN: 9788412117103
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 252
  • Tamaño: 145x215 mm.
17,00 €

Unha viaxe polos mitos, ritos e crenzas de Galicia.

    Cada capítulo inclúe unha descrición de como chegar aos lugares, así como a información necesaria para guiarte por GPS.

Sinopsis

Augas, pedras, árbores, igrexas e outros lugares considerados desde tempos remotos como sagrados son algúns dos enclaves que invita a coñecer este libro, pensado como unha viaxe polos mitos, ritos e crenzas de Galicia. O autor guíanos a través de relatos lendarios, testemuños de primeira man, datos históricos e abundantes fotografías por unha ruta que se pode percorrer lendo as páxinas comodamente nun sofá ou levando este libro no bolso e visitando cada un dos emprazamentos propostos. Para conseguilo, cada capítulo inclúe unha descripción sobre como chegar, así como os datos necesarios para, vía satélite, guiarse por sistema GPS. Boa viaxe.

Autor

Carlos Gabriel Fernández Cortiñas

Carlos Gabriel Fernández Cortiñas é xornalista e escritor. Traballou 16 anos no rotativo galego Diario de Pontevedra e colabora semanalmente desde hai 11 anos en diferentes programas da Radio Galega. Na actualidade participa no programa A Tarde, cun espazo sobre lugares máxicos de Galicia. É autor de centos de artigos e reportaxes sobre temas relacionados cos mitos e as crenzas.
Foi guionista do programa Mundo Misterioso da TVG (1993) e documentalista de Misterios sin Resolver (Tele 5, 1994). Máis recentemente, foi director de contidos do programa Milenio, da TVG (2019). Ademais colabora en numerosos programas de radio, televisión, e en revistas como Año/Cero, Más Allá de la Ciencia e Historia de España y el mundo. É autor de máis de media ducia de libros.