Datos del libro

Virxinia e Castelao Bará, Diego / Gregores, Bea

16,95 €

Memoria, arte e compromiso en formato miudiño.

    Virxinia e Castelao é o volume 7 da colección MIUDIÑOS, que nos achega as figuras máis importantes da nosa historia e cultura dun xeito próximo, claro e emotivo.

Sinopsis

Neste libro viaxamos pola vida de Virxinia Pereira e Daniel Rodríguez Castelao, descubrindo como medraron, que soñaban, que dificultades atoparon e como, xuntos, coidaron das súas ideas, da súa arte e da súa terra mesmo nos momentos máis difíciles.

A historia pon unha mirada especial en Virxinia, mostrando o seu papel esencial como compañeira de vida, de viaxes e de compromiso, axudando a entender que as grandes historias tamén se constrúen co apoio, o coidado e a forza tranquila das persoas que acompañan.

Un libro pensado para ler e compartir, que axuda a falar de memoria, amizade, compromiso e amor pola cultura.