Datos del libro

Civilizacions perdidas ORTEGA, RENA

  • Editorial: CUMIO
  • Materia: INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS
  • Colección: DIVULGATIVA
  • Fecha de publicación Interleo: 21/05/2026
  • EAN: 9788482898223
  • Encuadernación: TAPA DURA
  • Páginas: 48
  • Tamaño: 200x200 mm.
  • Idioma: GALEGO
21,95 €

Un percorrido espectacular polos grandes imperios da historia, cheos de vida, poder e misterio.

  • As civilizacións que construíron o mundo… coma nunca antes as coñeciches.
  • Descubre como se momificaba un corpo, que inventaron os romanos ou por que as cidades medraban nas beiras dos ríos… Un percorrido polas claves de cada civilización: arquitectura, crenzas, e legado, presentado de forma clara e visual.

Sinopsis

Pirámides que desafían o ceo, cidades de barro levantadas nas beiras dos grandes ríos, templos consagrados aos deuses, guerreiros, inventos e formas de vida que aínda hoxe seguen presentes. v i c

Un percorrido polas civilizacións máis influentes da historia cunha proposta visual potente e chea de ritmo, onde cada dobre páxina abre a porta a outro mundo. Exipto, Grecia, Roma, China, os maias… culturas que marcaron o rumbo da humanidade e que se presentan aquí de xeito claro, áxil e con detalles que convidan a parar e mirar con calma.

Un álbum que combina coñecemento contado de xeito moi visual, pensado para lectores curiosos a partir de 8 anos que queren achegarse ao pasado dun xeito ameno e gozar aprendendo en cada páxina.