Datos del libro

(GAL) A casa da Moira Sánchez, Sergio; Montes, María

  • Editorial: BULULÚ
  • Materia: DE 6 A 8 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: MOLINO DE VIENTO
  • EAN: 9788418667497
  • Encuadernación: Rústica
  • Páginas: 92
  • Tamaño: 130x210 mm.
12,50 €

Un achegamento ameno e diferente á mitoloxía clásica.

Sinopsis

«Aquela casa de cor gris, atrapada no medio do tráfico, sempre chamara a miña atención. Quen podería vivir rodeado de asfalto, sen comunicación ningunha? Estaba convencida de que alí só podía habitar unha bruxa. Unha tarde de inverno decidín cruzar a autoestrada e, malia que non coñecín ningunha meiga, si descubrín quen son as moiras.»

Se vós tamén queredes saber o que son as moiras e vivir unha aventura chea de ritmo e misterio, acompañade a Daniela na súa visita a esa casa en ruínas habitada por unha vella moi peculiar.

Autor

Sergio Sánchez Benítez

Sergio Sánchez Benítez (Palamós, Girona) Licenciado en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Periodismo pola Escola UAMEl País. Exerceu periodismo en El País, Cambio 16, Telemadrid e algunhas revistas culturais. Adícase dende hai anos á comunicación institucional en organizacións públicas e privadas. No eido da literatura infantil e xuvenil, publicou varios libros nos que a amizade e a curiosidade son os principais motores da trama. É autor tamén dunha novela hácker, na que plasmou o seu interese pola tecnoloxía. Afeccionado á carreira de fondo, publicou un ensaio sobre o reto de completar un maratón e soña con atopar algún día a Carapuchiña en Manhattan en pantalón curto e coas zapatillas postas.

María Montes Sueiro

María Montes Sueiro (Pontevedra) Licenciada en Bioloxía molecular e Máster en Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois dun ano revelador nas xélidas terras islandesas, comezou os seus estudos de ilustración na EASD Pablo Picasso de A Coruña (2016). Dende entón, participou en proxectos de autoedición, cartelería e nos libros A Brétema e Nosoutras de María Victoria Moreno (Urco Editora). En 2020 recibiu o premio ao Mellor Libro ilustrado na Gala do Libro Galego polo poemario Irmá paxaro de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno).