Datos del libro

A princesa do Caurel Patacrúa / Solchaga, Javier

  • Editorial: OQO EDITORA
  • Materia: DE 3 A 5 AÑOS_LITERATURA INFANTIL
  • Colección: COLECCION O
  • EAN: 9788496573529
  • Encuadernación: Cartoné
  • Páginas: 36
  • Tamaño: 250x230 mm.
14,90 €

E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da Princesa do Caurel… E isto que é?

  • Javier Solchaga ofrécenos unha especial proposta de ilustración tridimensional, elaborada a partir de elementos reciclados. O xogo compositivo e de iluminación co que nos sorprende a fotografía, supón un valor engadido ao libro. Sorprendente, resulta tamén, a presenza de obxectos e personaxes (anel, pano, pau…) fotografados desde un ángulo imposible, para que o lector tente adiviñar, cal será o protagonista da seguinte acción.
  • MENCIÓN WHITE RAVEN 2007 (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2007

Sinopsis

A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.
A personaxe que lle dá título á obra, vai aparecer nomeada de forma indirecta ao longo de toda a
narración. Por exemplo, a unha frase curta «Esta é a pega que roubou o anel da princesa do Caurel», vanse engadindo dun xeito sistemático, outras novas. Desta maneira, o elemento desaparecido convértese no fío condutor da historia, e no que propicia o desenlace feliz. Tamén con el, péchase o ciclo de maneira circular, e restablécese a orde do principio do conto: «Este é o pastor que atopou o anel e gañou un bico da Princesa do Caurel». Por último, a repetición dos sucesos, facilita a memorización do texto.
En moitas versións, a acumulación termina coa representación da morte, de moi variadas formas (coitelo, carniceiro…). Porén, máis similares a esta son as series atopadas noutros contos de fórmula do norte de Europa: cofre, chave, corda, rato, gato, pau, machada, ferreiro… En todos estes relatos, a rapidez da acción facilita o seguimento da secuencia, e para alén diso, a transición duns acontecementos a outros, prodúcese dun xeito que provoca curiosidade e atrae o interese do receptor. Características todas que contribúen ao desenvolvemento de capacidades, como a comprensión, a imaxinación ou o sentido estético.